TI TAMÉN CONTAS

TI TAMÉN CONTAS é máis ca un espectáculo de contos. Hai contos pero tamén hai debate. Porque nós temos cousas que contar, pero o público tamén.

Arrincamos primeiro cuns contos que porán enriba da mesa diferentes cuestións. E despois xogaremos a debatir todos e todas a través de dinámicas activas e participativas.


 

Entendemos que para a sensibilización sobre a cooperación e a solidariedade é preciso primeiro unha reflexión sobre o mundo. Comezando polo mundo que nos rodea, no que a nosa acción é máis directa e tanxible. Por iso cos contos cuestionaremos :

– a abundancia de cousas materiais, os xoguetes que temos, os que precisamos e os que non usamos

– a relación entre ter moito e ser feliz, o que pensa a xente, o que pensan eles

– as consecuencias que ten esta abundancia de cousas para unha parte do mundo, as consecuencias do traballo en condicións de explotación, o traballo infantil

– a importancia de axudarse e colaborar para mellorar o mundo no que vivimos, os efectos das nosas accións sós e en comunidade

Nós poñemos as historias e o público pon as reflexións. Compartirémolas xogando, entre todas e todos. Porque todos contamos.


 

Entendemos que para a sensibilización sobre a cooperación e a solidariedade é preciso primeiro unha reflexión sobre o mundo. Entender o mundo coma un lugar cheo de xente que temos cousas diferentes, pero moito máis en común. Incluídos os problemas… e as solucións. Por iso traemos historias de preto e de lonxe, con vínculos e ideas comúns, aínda que en escenarios distantes. Por iso cos contos cuestionaremos :

– a nosa capacidade de acción para mudar as nosas vidas e as dos demais

– a capacidade de lograr grandes e pequenos retos, e a importancia de ambos

– o poder dos diferentes actantes da realidade (mulleres, anciás, mocidade…)

– a importancia dos soños fronte o establecido

– valorar a paz e a liberdade

– a capacidade de romper tabús e prexuízos

Nós poñemos as historias e o público pon as reflexións. Compartirémolas xogando, entre todas e todos. Porque todos contamos.

Please publish modules in offcanvas position.

Free Joomla! template by L.THEME