A Hora Azul : os contos (1ª hora)

A hora azul son catro contos que veñen de Marrocos, de Alxeria, da Galiza… de calquera parte do mundo e de todas á vez. É o noso espectáculo máis variado. Contos de mulleres valentes en tempos difíciles, festas nunha aldea galega, lendas marroquís… Historias ó son da guitarra portuguesa, do laúde árabe, da darbouka, do caixón flamenco e das karkaba.

Ideais, valores, cartos, historias de amor entre as areas do Sáhara e o torreiro de Chandebrito.

A Hora Azul : o obradoiro (2ª hora) – só para institutos

No obradoiro de A Hora Azul intentamos afondar no oficio de contacontos. Traballamos primeiro dinámicas de expresión corporal, para logo ir experimentando, mediante distintos exercicios, as particularidades deste antigo oficio de contar historias (a forza da mirada, a importancia de escoitar, a creación colectiva, a imaxinación e a improvisación…).

Os obxetivos principais desta actividade son os seguintes:

– Potenciar a imaxinación

– Traballar habilidades narrativas e escénicas

– Reflexionar sobre diferentes valores e culturas

– Destacar a importancia de escoitar

– Valorar o legado da oralidade

Please publish modules in offcanvas position.

Free Joomla! template by L.THEME