A VIAXE DAS PALABRAS

Para público infantil temos A Viaxe das Palabras, a historia dunha nena, Lucía, que descobre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou, pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…

Dende entón, a voz do avó acompáñanos nun espectáculo de catro contos, participativo, con música e efectos sonoros en directo. Contos de vacas, de tormentas que meten medo, de homes e mulleres que viaxan en busca do lume e de foguetes espaciais feitos na casa.

A música acompaña a algúns dos contos, co son da frauta de lata, da darbouka, ou mesmo de frautas traídas da lonxana China… E os efectos sonoros son participativos na súa maioría, algúns de reciclaxe, outros corporais e outros con instrumentos de percusión.

Please publish modules in offcanvas position.

Free Joomla! template by L.THEME