Neste espectáculo empregamos :

A KALIMBA, instrumento típico africano, que logo se extendeu por países coma Brasil. Consta dunha caixa de resonancia e unhas láminas de metal. Ten un son doce e característico. Aparece no conto da chaira das dúas pedras.

Para escoitala, preme no seguinte enlace : http://soundcloud.com/tropadetrapo/awrp-kalimba

 

A BATERÍA DE RECICLAXE. Elaborada pola Tropa de Trapo, no seu Taller de Cacharrófonos. Imita a unha batería normal, pero con materiais de refugallo : macetas de plástico, armazón de tuberías de PVC, un paragüeiro, un tupperware… Os parches son de cinta adhesiva grosa, a caixa é un tupper cheo de lentellas cun sistema de suspensión “innovador” a base de cinta adhesiva cruzada. Tocámola con escobillas (no rap do parque) e baquetas (máis percutivo, na chaira das dúas pedras)

Aquí tedes un vídeo de cómo sona : http://www.youtube.com/watch?v=MvmbT1HsUmI e no soundcloud: http://soundcloud.com/tropadetrapo/awrp-bateria

 

Os EFECTOS SONOROS , neste caso usamos unha CUNCA TIBETANA como se fose unha campá, e a cabeza dunha FRAUTA DOCE, para imitar ás máquinas do parque.

Podes escoitalos no soundcloud : http://soundcloud.com/tropadetrapo/awrp-efectos

Please publish modules in offcanvas position.

Free Joomla! template by L.THEME