CORES

Na casa de Violeta ultimamente hai bastantes problemas. Tantos que Violeta, seu pai e súa nai teñen que deixar a súa casa e ir á da avoa.

Pero o peor aínda estaba por chegar. Unha noite Violeta, metida na cama con súa avoa, comeza a soñar en branco e negro. Os seus soños quedaran sen cores!

Menos mal que alí estaba a avoa e un vello libro cheo de cores e de contos para soñar, rir e volver a crer que os problemas teñen solucións e os nosos soños poden ter todas as cores que queiramos.

Neste espectáculo veremos obxectos reciclados e cotiás cobrando unha nova vida e axudándonos a contar estas historias : un cesto de vimbio convertido na casa da protagonista, unha familia de trapo, un libro feito de retais de telas, cintas de cores, un funil, un plumeiro…

A música tamén ten o seu momento nalgúns contos, facendo ao público cantar e bailar, e devolvendo a alegría á protagonista da historia. O público ten en todo momento un papel moi activo, interactuando, inventando e dando vida aos contos contados.


 

En CORES, a música que sona no espectáculo é esta:

https://soundcloud.com/tropadetrapo/cores-1

https://soundcloud.com/tropadetrapo/cores-2

Please publish modules in offcanvas position.

Free Joomla! template by L.THEME